Hai xente que calcula se un edificio aguanta. Esa xente fai falta.
A arquitectura técnica é unha das titulacións con mellor saída laboral do ámbito técnico e unha das menos coñecidas por quen ten que escoller que estudar. O concurso existe para cambiar iso.
Colexiados en España
+0
Saídas profesionais
+0
Ocupación laboral
≈0%
Que fai
É a persoa que se asegura de que o que se deseña se constrúa de verdade e funcione. Non proxecta sobre o papel: responde de que o proxectado se sosteña.
Onde intervén
Obra novaRehabilitaciónMateriaisEstruturasSeguridade e saúdeEficiencia enerxéticaMediciónsPeritaxeUrbanismoDemolición
Dirixe a execución
Está a pé de obra cando o proxecto deixa de ser un plano. Supervisa o replanteo, decide a orde e resolve o que non estaba previsto.
Controla a calidade
Decide se un material entra ou se devolve. Pide ensaios, interprétaos e asina. Vixía a correcta posta en obra e o cumprimento da normativa.
Vela pola seguridade
Das persoas que traballan na obra e do propio edificio. É responsabilidade legal, non un trámite.
Mide, certifica e asina
Redacta as certificacións de obra, controla o custo e participa no libro do edificio. Se algo non se sostén, é a primeira persoa á que se lle pregunta.
Onde se acaba traballando
A mesma titulación abre a obra, o estudo, a administración e o xulgado. Estas son seis das máis de trinta saídas reais.
Xefe de obra
Execución
Director de execución
Dirección
Perito xudicial
Peritaxe
Project manager
Xestión
Control de calidade
Materiais
Rehabilitación
Edificio
E ademais
ProxectistaOficina técnicaEmpresa construtoraEmpresa promotoraEnxeñaríasCálculo de estruturasXestión urbanísticaAcústicaMantementoTécnico comercialAdministración de fincasTaxaciónSeguridade e saúdeEficiencia enerxéticaDocenciaFunción públicaInvestigaciónPor conta propia
A canteira volve medrar.
Despois de anos á baixa, cada vez máis estudantes escollen os graos de arquitectura e construción, e entrar custa máis: a nota de corte media non deixou de subir desde 2019-20. O concurso naceu en 2024 para empurrar nesa dirección; os seus primeiros participantes comezan a chegar agora á universidade.
Nota de corte media para entrar nun grao de arquitectura e construción
Universidades públicas presenciais, por curso académico
Nota de corte media para entrar nun grao de arquitectura e construción
Curso
Nota de corte media
2018-19
5,53
2019-20
5,51
2020-21
5,86
2021-22
6,31
2022-23
6,57
2023-24
6,84
2024-25
7,07
36.808estudantes en graos de arquitectura e construción en 2024-25, un 20,6 % máis ca en 2019-20
51,4 %son mulleres. En 2019-20 eran o 43,7 %
+59 %de alumnado na FP de Edificación e Obra Civil entre 2018-19 e 2023-24, de 5.210 a 8.301
Fontes: Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, «Datos y cifras del Sistema Universitario Español», edicións 2023-2024 e 2025-2026 (SIIU; o curso 2024-25 é provisional). O ámbito «Arquitectura e construción» inclúe Arquitectura Técnica / Edificación e outros graos do ámbito. FP: Observatorio Industrial da Construción, «La FP en Edificación y Obra Civil 2025».
Quero estudalo
Boa elección. O camiño empeza no instituto.
Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía
Co foco en Matemáticas, Física e Debuxo Técnico.
Un grao habilitante
Grao en Arquitectura Técnica, en Arquitectura Técnica e Edificación, en Edificación ou en Enxeñaría da Edificación. Calquera deles habilita para exercer.
Ir máis alá
Idiomas e ferramentas dixitais: o deseño 3D e a intelixencia artificial xa forman parte da profesión.
Unha profesión con futuro
A construción nunca para: sempre haberá que construír, rehabilitar e mellorar o que xa existe. E está a cambiar máis axiña do que se conta.
Emprego verde
Rehabilitar vivendas con criterios ambientais é unha área na que a demanda de profesionais cualificados non deixa de medrar.
Innovación
O deseño 3D, a intelixencia artificial e as ferramentas dixitais entraron con forza no sector, e o arquitecto técnico é unha peza clave dese contorno. Metodoloxía BIM, drons, impresión 3D, materiais sustentables: nada que ver coa imaxe de obra que moitos mozos e mozas aínda teñen na cabeza.
Independencia
Permite traballar por conta propia, cunha consultoría propia, ou chegar a postos de responsabilidade nunha gran empresa.
“A Arquitectura Técnica é unha das carreiras con mellor saída laboral do ámbito técnico e, á vez, unha das menos coñecidas por quen ten que escoller”
Antonio Ros · Director da ETS de Edificación da UPM
Empeza por unha probeta.
Amásase formigón de verdade na clase, rómpese no laboratorio aos vinte e oito días e gaña quen mellor o calculou.