Política de privacidade

Este texto é unha tradución ao galego da política de privacidade orixinal, redactada en castelán. En caso de discrepancia entre ambas as versións, prevalecerá a castelá.

Última actualización: 25 de outubro de 2026.

Esta política explica quen trata os teus datos persoais cando visitas elgranconcursodelhormigon.com ou participas no concurso, para que os usamos e como podes exercer os teus dereitos. Aplícanse o Regulamento (UE) 2016/679, xeral de protección de datos (RGPD), e a Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

Quen é o responsable

O concurso organízano os Colexios Oficiais da Arquitectura Técnica de Alacante, Almería, Álava, Asturias, Ávila, Burgos, Cáceres, Cádiz, Cantabria, Córdoba, Cuenca, Fuerteventura, Guipúscoa, Xirona, Granada, Huelva, Huesca, Xaén, A Rioxa, León, Lleida, Madrid, Málaga, Menorca, Navarra, Pontevedra, Salamanca, Segovia, Tarragona, Terres de l’Ebre, Toledo, Zamora e Zaragoza. Como deciden conxuntamente para que e como se tratan os datos do concurso, son corresponsables do tratamento (artigo 26 do RGPD).

As funcións repártense así:

  • O Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Navarra (COAT Navarra) coordina o concurso e a final nacional, é o titular desta web e atende as consultas e solicitudes sobre protección de datos.
  • Cada Colexio xestiona os datos dos centros, o profesorado e o alumnado da súa provincia durante a fase provincial.

Podes dirixirte a calquera dos Colexios, pero o máis rápido é escribir ao COAT Navarra, que lle fará chegar a túa solicitude a quen corresponda.

Datos de contacto

Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Navarra · CIF Q3175002I
C. de Emilio Arrieta, 11 bis, 6.º andar · 31002 Pamplona
colegio@coatnavarra.org · 948 229 515

Delegado de protección de datos do COAT Navarra: Previsión Sanitaria Servicios y Consultoría, S.L.U. · protecciondedatos@grupopsn.es. Cada un dos demais Colexios ten designado o seu propio delegado.

Que datos tratamos, para que e con que base xurídica

Formulario de interese desta web. Nome, correo electrónico, centro, localidade, provincia, cargo, número de clases e, se os facilitas, teléfono e comentarios. Usámolos para responderche, informarte sobre a próxima edición e facerlle chegar a túa solicitude ao Colexio da túa provincia. Base xurídica: o teu consentimento, que dás ao enviar o formulario (art. 6.1.a RGPD).

Participación no concurso. Datos do centro e do profesorado responsable (nome, cargo e contacto) e, cando cómpre, nome e curso do alumnado participante; ademais, o nome, o lema ou o código de cada probeta e o seu resultado. Usámolos para xestionar a inscrición, enviar os materiais, ensaiar as probetas, publicar as clasificacións, organizar a final e entregar os premios, e para elaborar estatísticas sen datos persoais. Base xurídica: a inscrición do centro e a aceptación das bases do concurso (art. 6.1.b RGPD) e o interese lexítimo dos Colexios en organizalo (art. 6.1.f RGPD).

Fotografías e vídeos. Na final e nalgunhas fases provinciais fanse fotos e vídeos que se publican nesta web, nas redes sociais e nos medios de comunicación para difundir o concurso. Base xurídica: o consentimento (autorización de uso da imaxe) que se recolle a través dos centros antes da actividade (art. 6.1.a RGPD e Lei orgánica 1/1982). Se apareces nunha imaxe e queres que a retiremos, escríbenos e farémolo.

Comunicacións. Usamos o correo electrónico, o teléfono e, se nolo facilitas, WhatsApp para comunicarnos co profesorado durante o concurso. Base xurídica: a participación no concurso (art. 6.1.b RGPD).

Navegación. O servidor rexistra datos técnicos de cada visita (enderezo IP, data e hora, páxina solicitada e navegador) para manter a web segura e resolver erros. Base xurídica: interese lexítimo (art. 6.1.f RGPD).

Menores de idade

A maioría do alumnado participante é menor de idade. Segundo o artigo 7 da LOPDGDD, a partir dos 14 anos cada estudante pode dar o seu propio consentimento; por debaixo desa idade, danno os seus pais, nais ou titores. O profesorado que inscribe unha clase comprométese a informar o alumnado desta política e a contar coas autorizacións necesarias, en especial as de imaxe.

Cookies e servizos de terceiros

Esta web só usa cookies analíticas se as aceptas no aviso de cookies. Son as de Google Analytics 4 (_ga e _ga_*, que duran ata dous anos) e serven para saber, de forma agregada, cantas visitas recibe a web e que páxinas se consultan. Google conserva os datos vinculados a cada usuario un máximo de 14 meses. A túa elección gárdase no almacenamento local do navegador, non nunha cookie, e podes cambiala cando queiras desde a ligazón «Cookies» do pé de páxina.

Ademais, a web carga as tipografías desde Adobe Fonts e os vídeos desde Vimeo, configurado para non instalar cookies de seguimento. Ao cargar estes contidos, o navegador conéctase aos servidores deses provedores e transmítelles o teu enderezo IP.

Algunhas páxinas mostran as contas do concurso en Instagram e TikTok. Esas insercións non se cargan ata que premes «Velo aquí»; desde ese momento o navegador conéctase con Instagram (Meta) e TikTok, que poden instalar as súas propias cookies segundo as súas políticas. Para non volver preguntarcho, a web garda esa elección no almacenamento local do navegador; podes borrala limpando os datos do sitio.

Quen recibe os datos

Non vendemos nin cedemos os teus datos a terceiros, tampouco aos patrocinadores. Os Colexios organizadores comparten entre si os datos necesarios para o concurso.

Estes provedores tratan datos por conta nosa, como encargados do tratamento:

  • Dinahosting, S.L. (aloxamento da web).
  • NACAP Comunicación y RRPP, S. Coop. (deseño e mantemento da web; recibe copia das mensaxes do formulario para a súa supervisión técnica).
  • Google Ireland Limited (analítica, só se a aceptas).
  • Mailjet SAS (envío de correos).
  • Zoho Corporation B.V. (formularios de inscrición).

Estes outros actúan conforme ás súas propias políticas de privacidade: WhatsApp Ireland Limited (mensaxería co profesorado), Adobe Systems Software Ireland Limited (tipografías), Vimeo.com, Inc. (vídeos), Meta Platforms Ireland Limited (Instagram) e TikTok Technology Limited (TikTok).

Algúns destes provedores poden tratar datos fóra do Espazo Económico Europeo, sobre todo nos Estados Unidos. Nese caso, fano ao abeiro do Marco de privacidade de datos UE-EUA ou de cláusulas contractuais tipo aprobadas pola Comisión Europea.

Tamén comunicaremos datos a administracións, xulgados ou forzas de seguridade cando unha lei nos obrigue.

Canto tempo os conservamos

  • Formulario de interese: ata o final da edición á que se refira a túa solicitude e, como máximo, dous anos.
  • Datos de participación: cinco anos desde o final de cada edición, agás que antes solicites a súa supresión ou te opoñas ao tratamento cando proceda. As clasificacións e os nomes dos centros gañadores consérvanse como palmarés do concurso.
  • Fotos e vídeos publicados: mentres sigan publicados, agás que retires o teu consentimento.
  • Rexistros técnicos do servidor: o tempo imprescindible para a seguridade da web.

Pasados eses prazos, os datos suprímense ou bloquéanse durante o tempo en que se poidan esixir responsabilidades legais.

Os teus dereitos

Podes solicitar en calquera momento acceder aos teus datos, rectificalos, suprimilos, limitar o seu tratamento, opoñerte a el ou recibilos nun formato portable. Cando o tratamento se basea no teu consentimento, podes retiralo cando queiras, sen que isto afecte ao feito antes. Non tomamos decisións automatizadas nin elaboramos perfís.

Para exercer os teus dereitos, escribe a colegio@coatnavarra.org ou por correo postal ao enderezo do COAT Navarra, co asunto «Protección de datos». Se non podemos identificarte polo propio correo, pedirémosche un documento que acredite a túa identidade. Respondemos no prazo dun mes.

Se consideras que non atendemos ben a túa solicitude, podes contactar co delegado de protección de datos ou presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

Datos doutras persoas

Se nos facilitas datos doutras persoas, por exemplo ao inscribir a túa clase, debes telas informado antes desta política e contar coa súa autorización. Os datos que nos deas deben ser veraces e estar actualizados.

Seguridade

Aplicamos medidas técnicas e organizativas adecuadas ao risco para protexer os datos fronte á súa perda, alteración ou acceso non autorizado. A web funciona con conexión cifrada (HTTPS).

Cambios nesta política

Se cambiamos esta política, publicaremos aquí a nova versión coa súa data de actualización.